start your own blog now!
 
Read other blogs...

Thursday, January 22, 2004

Saindo do anonimato
Andiven á procura de un método para permitir que a xente poña os seus comentarios na páxina e coido que o conseguín (veremos o que pasa cando publique este post), así que xa estou listo para poñer un enlace na blogaliza e sair do armario para que todo aquel que queira vexa o pouco que hai que ver nesta bitácora. O dos comentarios é máis que nada para saber se realmente esto ten sentido ou non, se realmente paga a pena que un se dedique a escribir todolos días un pouco para que ninguén o lea (podedes dar a vosa opinion). Supoño que si, que pagar paga a pena, xa que escribir, a lo menos para min, sempre foi unha maneira como de falar conmigo mesmo, de ordenar os meus pensamentos, de todos modos nunca fun amigo de ter un diario e sempre busquei alguén a quen animarlle un pouco a existencia contandolle as miñas desventuras via correo tradicional, pois o correo electrónico sempre me pareceu frío para as relacións persoais. Así a todo fai tempo que deixei de escribir, mesmo penso que xa non sei, veremos se esto e todo cuestión de práctica.
En canto a temática do blog en cuestión, pois ainda non o teño decidido, así que penso que pouco a pouco ireino enchendo de toda canta trapallada se me acorde ata que un día atope o camiño e me centre un pouco, mais ou menos como é a vida, que mentras non colles o rumbo...pois non sabes nin para onde vas. Pois para hoxe xa chega, o blog está en marcha, funcionan os comentarios (eso espero) e cando publique este post vou directo a sair dese armario do que falaba antes. Saudos blogueiros.

| eTiDeQuenEs at 02:53 | link | comments (8) |

Wednesday, January 21, 2004

Benvidos
Benvidos a este novo espacio de espallamento do meu pensamento. A presentación xa ven implícita na cabeceira así que polo momento non imos entrar en detalle de quen son ou quen deixo de ser. ¿Que de onde saquei semellante nome para semellante blog? Pois ides por mal camiño se pensades que todo isto ten algo que ver con certo refresco de laranxa ou de limón, porque supoño que senón todos a lo menos parte de vos coñeceredes esa cantarela, eso de andar por ahí, por calquer camiño ou pista de aldea (camiños quedan poucos) e acabar explicándolle a algún vello descoñecido quen foi a nai que te pariu. Pois si, ese momento máxico que en múltiples ocasións tentei evitar e outras tantas incluso disfrutei é un punto interesante para saltar dun mundo ó outro, dunha rede a outra, de diferentes modos de vivir a comunicación. Ese -e ti de quen es? é un claro exemplo de como funcionan no rural as redes de comunicacións, ou polo menos, de como o facían noutros tempos antes de gozar das maravillosas infraestructuras en servicios das que dispón o campo galego. Sorpréndome a min mesmo escoitando con atención de boca dos meus avós historias que sempre evitei acerca das xentes da comarca, de onde viven e cantos son os que quedan, dos que morreron ou marcharon, dos que casaron e dos que non... A comunicación oral foi sempre eficaz nun medio onde a xente se paraba a preguntar: ¿e ti de quen es?, mentres que hoxe en día outros fan (facemos) grandes esforzos para saudar os seus veciños anónimos durante a curta viaxe no ascensor. E daquela, ¿onde está o salto de rede en rede do que falabamos antes?. Pois ¿qué pensas que estás a ler?. eTiDeQuenEs é o que nos queda, un blog ou bitácora ou como demo se lle queira chamar. A nosa rede de comunicacións vai por cable, e máis que ir por ahí preguntándolle á xente que de quen é, somos nos os que berramos o noso nome pedindo un pouco de atención, anunciándonos...¿vendéndonos?... Pero ¿cal é o sentido de todo iso?, realmente a internet sustitue os medios convencionais de comunicación?, estamonos apartando da oralidade? Pois xa veremos, as respostas a todo isto xa virán en próximas edicións deste blog tan azulón. Vémonos.

| eTiDeQuenEs at 15:29 | link | comments (1) |

My Links

bloGaliza